Citizen de Chévere

Citizen é unha obra de teatro do grupo Chévere, que aproveitan para presentarnos a súa triloxía de Citizen co motivo dos 25 anos de existencia do grupo (1987-2012).

Citizen fala da construcción dun imperio económico desde a periferia. Fala de como utilizar o que nos ofrece a historia en beneficio propio, de como se constrúe a realidade como se fose un culebrón. Citizen é unha historia de ficción baseada libremente nun personaxe real: A.O. A historia do seu triunfo serve para expoñer o impacto da globalización sobre as nosas formas de vida e sobre este curruncho que seguimos chamando Galicia. O triunfo dun individuo e o fracaso dun pobo?” (Grupo Chévere)

Citizen Total, de Grupo Chévere

– Autoría: Manuel Cortés

– Dirección: Xesús Ron

– Elenco: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández, Iván Marcos.

Gústame moito que a obra principie e remate con “Citizen K” de Orson Welles e su máis que famoso ‘Rosebud’.
Esta é unha obra de teatro moi innovadora que utiliza as novas tecnoloxías dunha maneira moi axeitada, aínda que o máis importante sigue sendo a palabra e interpretación magnífica das actrices e dos actores. O trasunto da narración é un paralelismo máis que evidente sobre un persoeiro moi relevante e rico da nosa sociedade chamado Aresenio Ortigueira; pero é tamén unha obra que permítenos reflexionar sobre as condicións que estamos a vivir nestes momentos e algúns dos eixos fundamentais que condicionan a nosa realidade. Ademáis, ao final das casi catro horas de representación se produce un diálogo directo co público que permite afondar sobre os asuntos que están na obra. Tan só engadir que as 3 partes son desiguais, na primera prima á emoción, na segunda adolece un tanto do ritmo, na terceira prima a hipertextualidade. Foi un exercicio teatral que de cando en vez gústame facer, especialmente recordo cando vín as tres partes seguidad das Comedias Bárbaras de Don Ramón María del Valle Inclán (Cara de Planta, Águila de Blasón y Romance de lobos).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Sildavia9

Estadísticas del blog

  • 239,216 visitas
A %d blogueros les gusta esto: