A illa de todas as illas de Xabier P. Docampo

A illa de todas as illas de Xabier P. Docampo e as maravillosas ilustracións de Xosé Cobas. Nesta obra Xabier P. Docampo volve a sorprendernos e atopar un tema do máis estimulante para os rapaces e todos aqueles que temos o espíritu das novelas de aventuras que tanto nos emocionaron cando fomos nenos. Nesta obra intenta vislumbrar ese instante en que a nosa imaxinación reocurreu un camino de non retorno cara a ese mundo que só nos proporcionará ledicia e felicidade. Ese instante, que moi ben sen saber porqué, descubres a maxia da lectura e que estará contigo para sempre. Pero o máis novedoso é que este instante pode ser compartido con seres aos que queres e se senten próximos a tí. Falar do mundo da imaxinación no é doado, e aquí Xabier contrúe un relato cheo de imaxinación a partir de eses libros que tanto nos gustaron; seguro que cada un de nos echa algún en falta, e outros poderían facer a súa listaxe, pero esta é a que Xabier nos propón e gúastame. ¡Qué dicir das magníficas ilustracións de Xosé Cobas que completan perfectamente o relato! Como didía onte, algunhas palabras son completadas con estas imaxes, e as ilustracións dan un mellor significado as palabras.

Gustoume moito o Epílogo: “Viviremos, se queremos, nunha illa deserta“, pero aquí sí tería que engadir algunhas cousas e matizacións, sobre todo en relación ao señor das moscas e o noso benquerido Corto Maltés e a illa escondida; pero iso quizáis noutro momento.

A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra dicindo que escoitaran voces e que viran xentes que lles falaban en todas as linguas do mundo e que vestían como os que veñen nos libros antigos. Xabier P. DoCampo quixo render tributo con esta historia a todos aqueles fermosos libros de aventuras cuxas historias sucedían nunha illa deserta ou aparentemente inhabitada, obras que mantiveron, como di no epílogo, «o meu corazón alterado, as miñas emocións abrollando coma fontes da alma e moitas horas entregadas á lectura cando llelas tiña prometidas ao sono ou ao estudo». (Resumo promocional en Xarais)

XG00214601

Anuncios

3 comentarios (+¿añadir los tuyos?)

  1. Flor
    Nov 23, 2013 @ 01:13:26

    A ver si me lo dejas leer…

    Responder

  2. Trackback: A illa de todas as illas de Xabier P. Docampo | sildavia9

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Sildavia9

Estadísticas del blog

  • 239,110 visitas
A %d blogueros les gusta esto: