Adiós, María de Xohana Torres

Adiós, María de Xohana Torres é  unha novela moi engaiolante na palabra e nos feitos. Escribe como fala. Premio “Galicia” do Centro Gallego de Buenos Aires  no ano 1971.

Adiós, María foi a única novela que escribiu Xohana Torres (Ferrol, 1931) e vive en Vigo. Resulta ser un agudo retrato psicolóxico de María, unha rapaza viguesa, filla dun traballador botado ao paro e empurrado á emigración pola desaparición dos tranvías. María, ou Maxa, é a protagonista desta historia que destaca pola firme caracterización dos personaxes. Na novela atopamos tamén unha clara denuncia social do feito da emigración e as súas consecuencias, así como unha fermosa recreación da linguaxe do suburbial. Publicada por primeira vez en 1971, esta é unha das novelas máis importantes da narrativa galega do último terzo do século XX. Retrata dunha manerira moi coloquial temas moi interesantes das vivencias nas familias emigrantes que se quedaron aquí esperando e añorando aos que se foros. Desde as pequenas rutinas cotiás, ata a chegada por primeira vez da televisión (recordar que estamos nos albores dos anos 70); ou a despedidas e o papel dos avós e avóas na crianza dos netos; ou as valoracións polos estudos…

Adiós, María é a sucesión de monólogos duna rapaza de quince anos, María, ou Maxa, atrapada nunha serie de encrucilladas existenciais. Asi está a emigración dos seus pais Román e Inés a Francia-Lille; tomar consciencia da soidade que agroma nella froito deste distanciamento; o deber de coidar do seu irmá pequeno Petigrí; empezar a darse de conta do decaimento do seu avó Kaisser-Bruno Briz; o sofrimento que ten que soporar da súa avóa Inés pola comparación constante con o seu irmá maior Xermán. Adiós, María supón a entrada forzada de Maxa nun mundo adulto que a afasta da súa realización persoal como muller.

É un libro moi vencellado a nosa xeneración polas vivencias e para colocarnos desde o pasado no presente, aínda que non estivésemos aquí.

Hoxe é o Día das letras Galegas!

adios-maria-xohana-torres-en-gallego-centro-gallego-5390-MLA4330022925_052013-F

 

 

 

Anuncios

2 comentarios (+¿añadir los tuyos?)

  1. Trackback: Mamasunción de Chano Piñeiro | sildavia9
  2. sildavia9
    Mar 17, 2017 @ 12:07:55

    una buena aportación

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Sildavia9

Estadísticas del blog

  • 219,784 visitas
A %d blogueros les gusta esto: