Dende o conflicto de María Reimóndez

Dende o conflicto de María Reimóndez é un libro valiente e comprometido co seu tempo e as inquedanzas que supón o feito de ser xornalista de conflictos armados. Nás súas palabras a novela “se mergulla na complicada vida dunha xornalista de guerra, Saínza Combarro, e a través dela fálase da importancia do xornalismo nas situacións de conflito, mais sobre todo da importancia de buscar unha posición ética de relación con todas aquelas persoas esquecidas”. Expresa os azos e os dilemas dunha muller que está a vivir ela mesma o conflicto. Aínda que a narración resulta axil e sinxela, invítanos a pensar moitas máis cousas das que aparecen no texto. Ademáis deixa moitas portas abertas, incluso no seu final do libro, que nos invita a compartir máis momentos con Saínza e María Reimóndez como os que xa tivemos.

Premio Xerais de Novela 2014.

Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes. A través dela, a novela fala da importancia do exercicio xornalístico nas situacións de conflito, pero sobre todo da importancia de buscar unha posición ética de relación con todas aquelas persoas esquecidas e que fican silentes do outro lado das noticias. Incluso, por paradoxal que semelle, as propias xornalistas. As dificultades e os atrancos, mais tamén a reformulación da vida propia desde o extremo, van alén do evidente e buscan transmitir desde a emoción próxima da carne e o óso, desde unha posición rebelde cos papeis dados, a procura da propia voz para que as outras tamén a teñan. Probablemente por iso, porque a personaxe vive situacións límite, “Dende o conflito” é unha novela sobre a evolución e a construción dunha persoa que loita por ser exactamente o que ela quere ser. “Dende o conflito” rende homenaxe ás mulleres xornalistas que souberon poñer a verdade dos conflitos bélicos por enriba de todo. Da man da protagonista viaxamos desde o Congo a Irak, desde Etiopía a Afganistán, desde Sri Lanka a Haití, pero tamén a Berlín, Barcelona, Compostela e Vilalba, que son os lugares onde Saínza se protexe da violencia buscando o agarimo e o refuxio dos afectos como unha necesidade vital para non renderse nunca. E é que “Dende o conflito” é unha novela sobre o xornalismo, sobre a guerra, sobre o abismo entre o norte e o sur, sobre a pobreza, sobre a fame, a miseria e a marxinación, pero, moi especialmente, é unha novela sobre o valor da amizade e do amor, sobre a diversidade e a contradición dos sentimentos e, en definitiva, sobre a esencia das cousas que son as realmente importantes na vida.

IMG_7956-0

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Sildavia9

Estadísticas del blog

  • 228,027 visitas
A %d blogueros les gusta esto: