Homenaxe a Agustín Fernández Paz

Hoxe en recordo e homenaxe a Agustín Fernández Paz esta publicación do 30 de Xuño 2012.

¡Gracias amigo por todos os universos creados e que nos involucraches!

Hoxe celébrase unha mericidísima homenaxe a Agustín Fernández Paz. Organizador de todo o evento é o seu amigo entrañable do alma Xabier P. Docampo. Esta é a informació recollida en Praza por Marcos Pérez.

O acto está organizado pola plataforma cidadá ProLingua e será conducido por Rosa Aneiros. Comezará as 12.30 no Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo. A seguir celebrarase un xantar, cun aforo limitado a 250 persoas.

Agustín Fernández Paz é unha das persoas que suscita unha simpatía e unha admiración máis unánime en Galicia. Son milleiros e milleiros os adolescentes (e adultos) que ao longo dos anos leron os seus libros, e son milleiros tamén os que destacarán del outras cuestións, coma o seu compromiso coa defensa e proxección da lingua e cultura galegas (hai tres semanas vímolo na Praza da Quintana lendo o manifesto de Queremos Galego) e o seu traballo persoal e apoio noutras iniciativas sociais.

O propio homenaxeado non soubo até este mércores á noite que Prolingua levaba semanas artellando esta homenaxe, pois coa súa característica modestia xa advertira en máis dunha ocasión que non quería homenaxe ningunha. “Dixéronme que era tan só un pretexto para unha reunión de amigos”, di Agustín Fernández Paz, “un xeito de celebrar que vamos maiores, que estamos vivos e que seguimos facendo cousas”. Pero o homenaxeado é tallante: “Claro que se agradecen as homenaxes, pero eu síntome moi agradecido e moi recompensado pola sociedade miña. Agradézoo, pero non facía falla. Se conto as homenaxes dos dous últimos anos, doume por homenaxeado xa”. Porén, Fernández Paz salienta que o recoñecemento “procede dos amigos, de xente que leva con el toda a vida, compañeiros da viaxe. Vindo deles agradécese moito, porque foron compañeiros da vida”.

Xabier Docampo incidiu na mesma idea, en que esta homenaxe é, ante todo, “un acto de afecto” e vai ser “unha demostración de canto se lle quere en Galicia e mesmo fóra dela”. Docampo, unha das persoas máis activas da plataforma Prolingua e bo amigo de Fernández Paz, sinala que esta dimensión persoal foi a que impulsou a organización da homenaxe, que se quere que teña “moi pouca carga institucional” e que en cambio sexa “protagonizada por todos os seus amigos e amigas, polas persoas que o queren”.

Para min persoalmente, Agustín é unha figura inesquecible e imprescindible nas letras galegas. Coñecíno a través de bo amigos amigos interpostos, pero axiña decateime da súa sensibilidade que traduce de maneira maxistral nas súas obras, pero despois descubrín o seu interese en gran coñecemento sobre a banda deseñada e as series actuáis de televisión e afondou moito máis o meu aprecio por él. Hoxe e sempre estamos pertos de ti, e gracias por todo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Sildavia9

Estadísticas del blog

  • 219,618 visitas
A %d blogueros les gusta esto: