Lúa do Senegal de Agustín Fernández Paz

Hoxe tamén en recordo e homenaxe a Agustín Fernández Paz esta publicación do 5 de xullo 2012.

O sábado foi a homenaxe xeral a Agustín Fernández Paz, hoxe é a miña particular homenaxe a Agustín coa lectura e reseña dun dos séus libros máis singulares e emblemáticos que escribiú, aínda máis polo tema e a perspectiva que del nos amosa. Estou a falar de Lúa do Senegal, editado por Xerais no ano 2009.

Xa dende o limiar gústame a súa dedicatoria:

A Shaun Tan por Emigrantes

A Javier Fesser por Binta y la gran idea

A Ousmane Sembene, mestre

Cada un de eles é de por sí valioso, e da mais forza á Beleza do texto de Agustín, tamén magníficamente ilustrado por Mariana Seoane.

Lúa do Senegal é una mirada diáfana e chea de esperanza sobre a inmigración e do que aporta tanto a eles como a nos. Todo a través da ollada de unha nena que a súa Forza está na creación de historias non só dende a súa imaxinación se non dende a raíces do seu pobo e da súa cultura. Gústame especialmente un dos relatros que aparece no libro: O Príncipe das Estrelas (páxinas 75-79), e todos tamén.

Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo. Lúa do Senegal, a primeira novela que Agustín Fernández Paz publica tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil, aborda o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade. E para falar do desarraigamento e do conflito emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Fernández Paz decidiu facelo a través dunha nena que conta en primeira persoa as dificultades que atopa e a súa loita por entender o que para ela é un novo mundo. Mais Khoedi é unha contadora de historias. Foi a súa avoa a persoa que lle aprendeu esa arte, ese gusto por inventar historias e contalas en voz alta. Lúa do Senegal foi ilustrado por Marina Seoane quen conseguiu adentrarse na alma da protagonista, poñerlle rostro ao resto dos protagonistas e reflectir as paisaxes de dous mundos tan diferentes.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Sildavia9

Estadísticas del blog

  • 220,242 visitas
A %d blogueros les gusta esto: