Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga

Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga é un libro moi peculiar interesante e sinceiro porque fala dunha historia moi persoal pero tamén xeneralizable a todos, aínda máis se cabe na sociedade acutal. O máis salientable é a propia historia en sí, que fala da inmigración desde un punto de vista diferente, desde os retornados e as súas vivencias e aconteceres. Toda a narración está en primeira persoa, o que fai que teña unha grande verdade con unha fonda carga sentimental, pero sempre moi ben narrada. Esta é a vida dunha muller Virtudes e a súa familia (sobre todo isto) que foi a Londres e alí estivo máis de trinta anos traballando duro; acollendo aos seus seres queridos. Pero tamén está a inmigración a América, Venezuela máis concretamente, do seu home Marcelino e todo o que supón para os que se quedan aquí en Betanzos (A Coruña) e os seus aledaños. A súa ollada de Londres é totalmene diferente e singular.

Premio Nacional de Narrativa 2021. Premio Blanco Amor 2019. Premio da Crítica de Galicia 2021

Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor. Xesús Fraga constrúe unha historia que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas marcada pola emigración, historia que tamén é a da segunda metade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando un lenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, o diario dunha nai e a voz das testemuñas que poden contar. Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Sildavia9

Estadísticas del blog

  • 469.913 visitas
A %d blogueros les gusta esto: